REQUISITOS DE MATRÍCULA NO CURSO PONTE
Unicamente poderán matricularse no curso ponte as persoas que teñan superado con éxito algunha das edicións do Curso Avanzado "A Orientación Laboral para o Fomento do Emprego e a mellora da Competitividade Local en Galicia", organizado polo CIXUG en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar e Cofinanciado polo FSE. A preinscrición do curso ponte está aberta desde as 8:00 h ata as 20:00 h do día 25 de maio, unicamente a través da plataforma on line de matrícula do CIXUG.
PECHADA A PREINSCRICIÓN
O curso dispón dun máximo de 40 prazas que, no caso de seren requirido, asignaranse por orde de inscrición. O CIXUG verificará para cada persoa solicitante a súa condición de ter superado algunhas das edicións do Curso Avanzado que da dereito a participar no curso ponte, excluíndo a aquelas nas que esta condición non se acredite. Finalizado o prazo de preinscrición, publicarase nos seguintes días a lista final de persoas admitidas e a lista de agarda nesta mesma páxina.
Ademais de cubrir os campos requiridos para a matrícula, deberá achegar na conta de correo secretariatecnica@cixug.escopia actualizada en soporte informático da seguinte documentación:
- Documento de identidade
- Certificado/volante de empadroamento actualizado e vixente (menos de 6 meses de antigüidade)
- Título universitario/certificado de expedición do título
- Copia do expediente académico
As copias desta documentación deben ser polas dúas caras, claras, lexibles e completas, de xeito que inclúan todo o documento.
Tras recibir a confirmación da matrícula, disporá de tres días hábiles para realizar o ingreso do prezo da matrícula (150,00 euros) e remitir unha copia do modo que se lle indicará no correo electrónico de confirmación. Se transcorrido este prazo non fixese efectivo o pago, perderá o dereito á reserva de praza.
Resulta imprescindible presentar de novo esta documentación debido aos requisitos de xestión da titulación por parte da UDC e a efectos de LOPD.
NOTA 1: O prezo da matrícula encóntrase subvencionado polo cofinanciamento realizado pola Consellería de Traballo e polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social, polo que non se aplicarán descontos adicionais sobre este importe.
NOTA 2: As titulacións que requiran de convalidación en España non serán admisibles se non se acredita esta homologación.
NOTA 3: Esta documentación poderá serlle solicitada en orixinal a efectos de verificación, en calquera momento ao longo da duración do curso, ou con posterioridades como parte do proceso de auditoría ao que poida ser sometido por parte das entidades financiadoras.