Ao longo do ano 2014, o Consorcio CIXUG, co apoio da Consellería de Traballo e Benestar (a través do Plan Anual de Política de Emprego para o ano 2014, dentro do eixo 1 "Orientación", Programa “PP00255 protocolo coas universidades galegas para fomento do emprego, mellora da orientación e fomento do emprendemento”) e do Ministerio de Empleo y Seguridad Social, puxo en marcha a través da Universidade da Coruña o Curso de Posgrao Universitario de Especialización en Orientación Laboral como título propio.
Cofinancian
Este curso, dá dereito á obtención do titulo de Especialista Universitario en Orientación Laboral, é único en España polas súas características, xa que reúne de xeito integral nun único curso de posgrao de carácter práctico e especializado as mellores prácticas no ámbito da orientación laboral, xunto coas competencias e as ferramentas tecnolóxicas necesarias para permitir ao persoal dedicado á orientación laboral aplicalas no seu día a día con garantías de máxima utilidade.
Agora, para facilitar o acceso a esta titulación por parte de aquelas persoas que no seu día realizaron algunha das edición do Curso Avanzado "A Orientación Laboral para o Fomento do Emprego e a Competitividade Local en Galicia", igualmente organizado polo CIXUG e co cofinanciamento da Consellería de Traballo e Benestar e o FSE, ponse en marcha este curso ponte, coa finalidade de completar os coñecementos e a adquisición de competencias requiridas para que o alumnado destes cursos avanzados poida completar o programa formativo previsto no curso de posgrao.
Para saber máis:
- Obxectivos do curso ponte para a obtención do título de especialista en orientación laboral
- A quen vai destinado o curso ponte?
- Requisitos técnicos para o seguimento do curso ponte
- Contidos do curso ponte
- Lugar de celebración das sesións presenciais
- Cando terá lugar?
- Condicións para o aproveitamento do curso ponte
- Profesorado do curso ponte
- Requisitos de matrícula
- Onde solicitar información complementaria?