Se o teu proxecto de fin de carreira, traballo de fin de grao ou traballo de fin de mestrado xira ao redor do Software Libre, inscribete na XI edición do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre, patrocinado, entre outros axentes, polo Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG).
Poderán participar todos os estudantes do Sistema Universitario Galego que teñan defendido o seu traballo nalgunha das convocatorias do curso 2017-2018 cunha nota mínima de 5 e que este teña sido desenvolvido:
- Cunha implementación libre de calquera linguaxe de programación
- Ter publicado o software desenvolvido cunha licenza libre, das recoñecidas pola Free Software Foundation ou a Open Source Initiative
- Tamén poden participar os traballos que fagan uso de Hardware Libre
Ademais doutros criterios, para a valoración dos proxectos, terase en conta:
- A publicación continúa do traballo
- A correcta utilización dunha licenza libre e a posterior aplicación da mesma ao código do proxecto
- O deseño e a implementación
Dende o portal mancomún, podes consultar toda a información dispoñible sobre a convocatoria.
O prazo para presentar a túa candidatura está aberto ata o 2 de outubro.