O próximo 8 de setembro dará comezo nas instalacións do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), en Santiago de Compostela, o curso “Administración avanzada e desenvolvemento de Drupal”, organizado pola Oficina de Software Libre, e que será impartido pola empresa Codery.
O curso está dirixido ao persoal de desenvolvemento das tres universidades galegas, e ten como obxectivo dar resposta á crecente demanda de formación especializada na xestión de sitios web con Drupal.
Durante a semana do 8 ao 12 de setembro terán lugar as sesións presenciais, de 9:30 a 13:30 horas, tempo no que se desenvolverán os seguintes contidos:
- Administración avanzada Drupal
- Xestión CLI Drupal: drush
- O sistema de caché en Drupal
- Optimizacións específicas e boas prácticas de seguridade en Drupal
- Desenvolvemento
- Boas prácticas de desenvolvemento en Drupal
- Ferramentas para desenvolvedores: IDE, drush, repositorios, módulos específicos.
- Estrutura dun módulo Drupal
- O sistema de menús en Drupal
- Traballo con:
- Bases de datos
- Nodos e entidades
- Usuarios
- API de formularios Drupal
- Procesamento de formularios
Unha vez rematadas as sesións presenciais, os asistentes ao curso, terán dúas semanas para a elaboración dun proxecto final, co cal se avaliarán os seus coñecementos adquiridos.
Drupal é un CMS libre, modular e altamente configurable, que está mantido por unha comunidade activa de usuarios e desenvolvedores. Destaca pola alta calidade do seu código e das páxinas xeradas, respectando os estándares web e a usabilidade.