A Asociación GALPon acaba de anunciar a publicación dunha nova versión do seu sistema operativo para equipos con moi escasos recursos (esta nova versión manexa o escritorio con unicamente 53 MB de RAM, por exemplo).
Segundo a información que achegan os desenvolvedores, esta nova versión de MiniNo Ártabros, a 2.1, preséntase en dúas variantes:
«full», que ocupa 851 MB, polo que é necesario utilizar un DVD ou un USB para a instalación.
Que corresponde a unha actualización profunda. Substitúense Abiword e Gnumeric por LibreOffice, e Ayttm por Pidgin.
Ademais reconfigurase o tema predeterminado de escritorio.
«minimal» que ocupa 679 MB, co que pode utilizarse un CD para a instalación.
As previsións do proxecto é que a vindeira minino 3.0 estea baseada en Debian Jessie para a que teñen previsto que estea dispoñíbel en probas ao público, o que se chama fase beta, durante o mes de novembro.