O vindeiro sábado, 27 de setembro, retómase a xeira de obradoiros de formación bash scripting en software libre na Residencia Altamar de Vigo que vén realizando a Asociación GALPon en colaboración coa Asociación Xuvenil Altamar.
Nesta ocasión, o obradoiro centrarase na realización de interfaces gráficas con Zenity e Yad (Gtk) e KDE Dialogs e nos procesos de internacionalización (i18n) dos diálogos/mensaxes para que poidan ser traducidos a diferentes idiomas.
Este obradoiro vai seren dirixido por Miguel Anxo Bouzada, desenvolvedor e coordinador das distros GALPon MiniNo e MiniNo PicarOS.
A sesión que comezará ás 10.00 da maña vai ser directamente práctica xa que o obxectivo é que os asistentes desenvolvan os seguintes obxectivos:
Creación de interfaces gráficas
- Creación dunha mensaxe | Aviso | información, en forma de xanela.
- Creación dunha xanela de entrada de datos por teclado
- Creación dunha xanela de selección:
- Lista
- Radius
- Combobox
- Creación dunha xanela con múltiplas opcións de entrada
Internacionalización (i18n) dos diálogos/mensaxes
- Método mínimo para poucas cadeas mediante emprego dun case.
- Aplicación dun procedemento estándar (xeración dun ficheiro patrón de traducións .pot) empregando gettext.
Inscricións:
Aínda que a asistencia é de balde, a fin de poder respectar a capacidade máxima do espazo e prever os medios técnicos, é OBRIGATORIO inscribirse no correspondente formulario
Podedes seguir a evolución no «evento» no G+